A Área Metropolitana de A Coruña contará antes de finais de ano cun Plan de Dinamización do seu produto turístico, autorizado polo Consello da Xunta. A dotación orzamentaria ascende a catro millóns de euros que serán executados en tres anualidades e achegados en tres partes iguais pola Consellaría de Innovación e Industria, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas. Beneficiaranse desta acción os concellos de A Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
As accións contempladas no plan afectarán, entre outros aspectos, ás rutas de sendeirismo, á celebración de xornadas técnicas sobre o turismo ou ao establecemento e creación de rutas turísticas na zona.