Os produtores de castaña galega teñen constatado no inicio da campaña unha diminución considerable dos froitos sobre as previsións, que xa non eran demasiado optimistas. Os ourizos aparecen baleiros ou con castañas moi pequenas.
De seguir esta tendencia, este sería o segundo ano consecutivo con problemas graves para abastecer o mercado, sinala Xesús Quintá, da asociación de produtores Conso-Frieiras.
A castaña súmase así a outros tres produtos típicos de outono, a caza, as setas e o mel, que non están atravesando o seu mellor momento. A temporada de caza comezou cunha previsión dun millón de saídas de aquí a comezos de xaneiro pero con baixas perspectivas de capturas. O coello e a perdiz son as especies que máis se agarda capturar.
Tampouco é un bo ano para as setas pois a ausencia de choivas impide o seu desenvolvemento. De todos os xeitos, para todos aqueles que se animen a saír ao monte a recollelas, a Consellaría de Sanidade vén de editar un folleto con recomendacións para diferenciar as comestibles das tóxicas, e evitar así posibles accidentes indesexables. En total editáronse 705.000 folletos con información tamén sobre os síntomas das intoxicacións e recomendacións como acudir ao médico cunha mostra do exemplar consumido.
O sector do mel en Galicia tamén atravesa unha crise pola paulatina desaparición de abellas, o que repercute nunha escasa colleita de mel. Os apicultores consideran que hai unha relación estreita entre a desaparición das abellas e os pesticidas.