Augardentes de Galicia está levando a cabo un proxecto pioneiro para obter augardente procedente dos pexegos que se recollen na zona. Segundo o responsable da empresa, José Albela, ata o momento a experiencia está sendo satisfactoria, polo que se prevé a comercialización do licor.
O resultado é unha augardente máis suave e aromática que a que se extrae do bagazo, xa que se elabora a partir da fermentación directa das froitas. Na comarca da Ulla hai unha importante produción de pexegos que, en moitas ocasións, acaba perdéndose por falta de saída comercial. O licor, unha vez embotellado, podería alcanzar os 40 graos de alcohol.