Bruselas rexistra o queixo Cebreiro como denominación de orixe protexida

A Comisión Europea incluíu o queixo galego Cebreiro no rexistro de denominacións de orixe protexidas, obtendo a mención de Indicación Xeografica Protexida (IXP), o que acredita que polo menos un dos estadios de produción, transformación e elaboración tivo lugar na área á que se refiere á denominación.

O queixo do Cebreiro pasa a engrosar unha lista con 820 produtos xa protexidos en virtude da lexislación comunitaria para protexer lugares xeográficos, denominacións de orixe e produtos de especialidade tradicional.