Uns corenta establecementos de hostalería de O Carballiño pecharon as súas portas nos últimos dous anos, o que representa o 20% do total. Esta elevada cifra de locais que decidiron pechar débese, entre outros aspectos, á crise económica que atravesa o país e, particularmente, ao elevado custo das rendas de alugueiro dos locais. Os hostaleiros, pola súa banda, sinalan que a situación comezou a empeorar coa chegada do euro.
A este respecto, o Padroado de Turismo de O Carballiño está a elaborar un estudo para coñecer cal é a situación real do sector e cal foi o resultado da pasada campaña estival. Non en van, a hostalería representa un terzo da economía local. O Concello podería propoñer unha serie de medidas de choque tras analizar os resultados do devandito estudo.