A freguesia de Cerdal (Valença do Minho) promove a tradicional Feira dos Santos, que se celebrará os próximos días 1 e 2 de novembro. Trátase da última gran feira do calendario anual galaico-minhoto e das máis importantes entre o norte de Portugal e Galicia.
Os visitantes, que por milleiros se achegan á localidade, dispoñen dun amplo espazo e dunha vasta oferta de produtos proporcionados polo preto de 500 expositores que se dan cita na feira. O evento desenvólvese no Terreiro de São Bento da Lagoa, preto da estrada nacional São Pedro da Torre/Paredes de Coura, a 5 minutos do acesso á A3.
Nas tascas da feira celébranse as tradicionais “provas” dos viños novos da rexión e tamén os mais diversos petiscos, entre eles o caldo verde e as castañas asadas.