O Consello da Xunta aprobou a declaración de interese turístico para catro festas galegas, dúas delas na provincia de Lugo, outra na de Ourense e unha cuarta na de A Coruña. En concreto son a Romaría de Santo Hadrián de Malpica, a Festa das Fachas de Castelo en Taboada (na foto), o Festival de Pardiñas en Guitiriz e a Festa do Magosto de Ourense.
Esta declaración implica a inscrición das festas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas e a súa inclusión no Plan galego de promoción do turismo. Así mesmo, valorarase positivamente a obtención desta declaración á hora de optar ás axudas e subvencións que puidese establecer a Xunta de Galicia para este tipo de actos.