Turismo e deporte son dúas actividades intimamente relacionadas que teñen moita relevancia económica e social. Por iso, na terceira edición do curso “Deporte, empresa e sociedade: a promoción turística a través do deporte”, que se celebra no campus de Ourense, os seus organizadores decidiron centrarse nas actividades deportivas como vehículo de proxección e comunicación dos destinos turísticos.
No acto de inauguración do curso, Xosé Antón Jardón Dacal, delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria en Ourense, fixo referencia á crise económica que “de seguro vai a provocar cambios nos hábitos turísticos da cidadanía”, por iso é necesario contar con “xente formada con ideas innovadoras que fagan achegas neste aspecto”, apuntou Jardón.
Galicia conta con “características idóneas para a práctica de determinados deportes en emerxencia”, afirmou o delegado, “as peculiaridades xeográficas e naturais da nosa comunidade convértennos nun dos mellores escenarios para a práctica de actividades como o golf, a pesca recreativa, o sendeirismo ou os deportes náuticos”, proseguiu.
O deporte vai ser un dos elementos que condicionarán o turismo dos próximos anos, “por iso desde a Consellería insistimos na importancia de facer paquetes turísticos que ademais de aspectos patrimoniais e gastronómicos inclúan actividades de ocio relacionadas coa práctica de deportes”, recalcou Jardón.