Medio Ambiente destinará boa parte do presuposto de 2009 á conservación da natureza

A Consellaría de Medio Ambiente investirá boa parte do orzamento dispoñible para 2009 en accións relacionadas coa conservación da natureza. Así, melloraranse as condicións de vida dos habitantes dos parques naturais de Galicia e da Rede Natura 2000.

Ademais, o Parque Nacional das Illas Atlánticas contará cun orzamento de 1,5 millóns, que non inclúe os investimentos do Goberno central na mellora de infraestruturas e servizos.

A xestión do parques naturais tamén se verá reforzada coa construción dos centros de interpretación de Fragas do Eume, así como o de Galicia e o do Parque Nacional. Unha das actuacións máis singulares será a creación da Rede de Camiños Naturais de Galicia, que executará máis de 750 kilómetros de sendas naturais.