Medio Ambiente e a USC crean a Estación Científica do Caurel, que apoiará a investigación e o progreso sostible
A Consellería de Medio Ambiente e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaboran na construción e posta en funcionamento dunha Estación Científica no Caurel, que se destinará a dar apoio á investigación e a formación no ámbito do medio ambiente e o desenvolvemento rural sostible e, en particular, a aqueles proxectos que favorezan o progreso social e económico da comarca do Caurel para contribuír ao desenvolvemento e promoción económica sostible da zona.
O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, asinou co reitor da USC, Senén Barro, un convenio para a construción e a explotación da estación, así como para a realización de diferentes proxectos de colaboración e organización de actividades no marco da estación científica.
Vázquez salientou que será “un dos centros de referencia en investigación e formación no ámbito do medio ambiente” e que terá “especial incidencia” no progreso social e económico da comarca do Courel, xa que “permitirá valorizar o importante patrimonio natural da zona”. O conselleiro manifestou sentirse “especialmente orgulloso” deste proxecto, que definiu como “un paso importante para a futura declaración de parque natural do Courel”, un dos obxectivos do Goberno galego en materia de conservación da natureza.
Segundo o acordo, a USC levará a cabo a construción da estación, un edificio de nova planta, mentres que a Consellería de Medio Ambiente destinará 300.000 euros para o financiamento das obras e a dotación do equipamento do centro. A USC contribuirá tamén cun investimento complementario de máis de 300.000 euros e cederá á consellería un espazo que de empregará como gardería.