O rexedor lucense, José López Orozco, a concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios aos establecementos gañadores do IV Concurso de Tapas organizado polo Concello. López Orozco destacou a importancia de dar a coñecer a “extraordinaria hostalería lucense, cada día é máis certo que, para comer, Lugo”. Animou a todos os hostaleiros e hostaleiras a seguiren adiante “neste camiño, o voso traballo é exemplo de mellora constante. Temos uns produtos de primeira e unhas mans que fan un excelente traballo, o resultado non pode ser mellor.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Cncepción Burgo aproveitou ademais para destacar que “cunha hostalería de primeiro nivel, é moi sinxelo que as cousas saian ben”. Concepción Burgo agradeceu tamén o apoio dos patrocinadores do concurso: Gran Hotel, Hotel Husa Puerta de San Pedro e D. O. Ribeira Sacra.
Na modalidade creativa, o primeiro premio foi para Cervecería La Estrella, coa tapa “Porco Celta: Imaxinando un cocido”. O segundo premio foi para o Restaurante Parrillada O Ventorro. Na modalidade tradicional, resultou gañador o Mesón de Alberto, coa tapa “Guiso de Luras con espuma de fabas de Lourenzá”, mentres que o segundo premio foi para Ikebana Bar. O premio á tapa que mellor marida co viño D.O. Ribeira Sacra foi para O Ventorro, coa tapa “Orella de porco ceta e foie e viño da Ribeira Sacra”.
No que respecta á votación popular, a mellor Tapa Creativa foi a do Mesón da Pelusiña (Segredo de polbo), mentres que a mellor Tapa Tradicional foi a do Ikebana Bar.