O turismo de Galicia viaxará nos próximos días á trixésimo sexta edición da Feira das Américas, que se celebra en Rio de Janeiro, de xeito paralelo ao Congreso anual da Asociación Brasileira de Axentes de Viaxes. Turgalicia disporá de dous módulos dentro do Pavillón español, coordinado pola OET de Sao Paulo, para dar a coñecer a oferta turística de Galicia. O Xacobeo tamén estará presente con outros dous mostradores nos que promocionará o Camiño de Santiago.
Pero Turgalicia tamén estará presente, por primeira vez, en Madrid Golf, un certame exclusivamente adicado a este deporte. Nas mesmas datas, Turgalicia tamén acudirá a Turiscom (Xixón), unha feira de turismo de carácter xeral para público e profesionais. Outra cita para as próximas datas é Expogalaecia, que se celebrará do 31 de outubro ao 2 de novembro no Ifevi.