A oferta turística de Vigo, de promoción en Suíza

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Vigo, Santiago Domínguez, viaxou estes días a Suíza para promocionar a oferta da cidade olívica no Salón Internacional Suízo de Vacacións, viaxe que aproveitou para manter unha serie de encontros profesionais con operadores e prensa especializada. “Cos encontros mantidos queremos abrir novas oportunidades de negocio e de crecemento turístico para Vigo”, salienta Domínguez.

A presentación en Suíza abarca todos os atractivos que pode ofrecer Vigo, “dende o seu patrimonio histórico e cultural ata o potencial natural e gastronómico”, recalca o concelleiro.