Un total de 15 turoperadores de España, Portugal, Alemania e Italia participarán na bolsa de contratación Portugalicia, que se celebrará mañá no marco de Expogalaecia. O obxectivo desta iniciativa é organizar unhas xornadas de traballo que permitan o contacto e a negociación entre compradores e vendedores. O ano pasado, celebráronse máis de 600 entrevistas.
A bolsa de contratación conta co apoio de Turgalicia, organismo que actuou como mediador coas Oficinas Españolas de Turismo no Estranxeiro. Prevese a asistencia duns corenta profesionais do norte español e de Portugal.