Os concellos de Santiago, Oroso e Ordes asinan o protocolo para a xestión da Corredoira Verde a Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o rexedor de Oroso, Manuel Mirás; e o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes e primeiro tenente de alcalde deste municipio , Xesús Pedreira, asinaron o protocolo para a creación, xestión, explotación e mantemento da Corredoira Verde a Compostela.
O principal obxectivo da iniciativa é poñer en valor estes camiños. A Sionlla, Busto, Berdía e Nemenzo son as catro parroquias compostelás polas que discorren estas vías que, ademais de polos concellos de Oroso e Ordes, tocan os municipios de Tordoia e Cerceda, aos que tamén se convidará a participar no Consorcio.
A recuperación de camiños de ferro en desuso e a súa transformación en “Corredoiras Verdes” é unha tendencia cada vez máis en auxe dado o gran valor ambiental, patrimonial, paisaxístico e turístico destes carreiros.
Os concellos de Santiago de Compostela, Oroso e Ordes contan con 24 quilómetros de vías sen uso que, unha vez acondicionadas, resultarían moi doadas de transitar, tanto en bicicleta como camiñando, e constituirían un espazo de grande atractivo polo interese natural, paisaxístico e sociocultural.