Os sindicatos reclaman un plan de rescate para o sector lácteo galego e convocan unha manifestación para o 18 de novembro
Os sindicatos Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores anunciaron que levarán adiante movilizacións contra o incumprimento, din, dos acordos acadados na mesa de seguemento do contrato homologado do leite. A primeira será a convocatoria dunha manifestación que terá lugar en Compostela o vindeiro 18 de novembro. Ademais, os sindicatos reclaman un “plan de rescate” para o sector lácteo galego, ante a situación de incertidume actual no relativo aos prezos do producto.
Entre as reivindicacións dos sindicatos figuran o cumprimento estrito do acordado na mesa de negociación, a posta en marcha dun sistema de intervención que permita retirar o leite almacenado, a regulación da importación de leite e a baixada dos prezos dos pensos, fertilizantes e combustibles.