Mañá sábado, 25 de outubro, inaugúrase na parroquia de Aguasantas (Cotobade) a Senda do Castro, realizada a través dun proxecto de valorización do monte promovido pola Consellería do Medio Rural no monte veciñal de Aguasantas. Con tal motivo, a asociación de veciños Penelas de Aguasantas e a Comunidade de Montes de Aguasantas organizan unha andaina dende a Carballeira de Famelga ata a Alameda de Aguasantas pasando polo Castro de Famelga e polos muíños do Calvelle.
A chegada á Casa do Podo de Aguasantas servirá para a súa inauguración logo do arranxo realizado polo Obradoiro de Emprego do Concello de Cotobade. De seguido servirase un viño do país. A saída é ás 16.00 horas da Carballeira de Famelga, na estrada Carballedo-Aguasantas.