Ourense acolle unhas xornadas sobre hortofructicultura ecolóxica dentro da Mostra do Patrimonio Inmaterial
Tralo éxito acadado o pasado ano, cando a I Mostra visitou Pontevedra, a cidade das Burgas é agora o emprazamento elixido para a segunda edición deste programa, que inclúe todo tipo de accións de cara a reivindicar o Patrimonio Cultural Inmaterial Galego. As actividades desenvolveranse do 8 ao 11 de novembro.
Unha delas serán as primeiras Xornadas de Hortofruticultura Ecolóxica, organizadas polo Craega e nas que colabora a Consellaría do Medio Rural. Celebraranse o sábado entre as 10.30 e as 14.00 horas. Tamén haberá obradoiros de olaría, forxa ou construción de instrumentos, así como conferencias e actuacións musicais e teatrais.