Pena Trevinca é un espazo natural con gran futuro para a comarca

"Trevinca é un espazo natural protexido", dixo o director xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente, José Benito Reza, aos asistentes ao congreso sobre o Turismo de Montaña que se desenvolveu nos últimos días no concello ourensán de A Veiga, baixo a dirección de Turismo.

Benito Reza saiu ao paso das críticas dun sector de empresarios da comarca, aos que lles confirmou que Pena Trevinca, ademais de ser un espazo protexido, forma parte da Rede Natura 2000, tamén foi declarado Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA). Foi o último Goberno galego de Fraga Iribarne o que declarou esas montañas Zona de Especial Protección.

José Benito Reza dixo aos asistentes que estas declaracións lonxe de ser unha limitación poden ser unha forma de desenvolvemento para a comarca, xa que nun ano os parques naturais galegos foron visitados por 300.000 persoas. Ademais, a Administración está dotando a todos eles de centros de interpretación, campañas de promoción para que sexan coñecidos, todo elo conleva novos postos de traballo.