A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, presentou os orzamentos do seu departamento para 2009, que ascenden a 206 millóns de euros. Gallego Calvar insistiu en que no vindeiro exercicio seguirase apostando pola investigación, pola creación de reservas mariñas protexidas e pola loita contra a contaminación, entre outros aspectos.
Un apartado especial mereceu a política de mercados e promoción dos produtos pesqueiros. Neste ámbito, a Conselleira destacou dous logros como a consecución da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia e a creación da marca de calidade “pescadeRías, de onde se non?”. Estes distintivos, tal e como explicou, teñen moito camiño que percorrer para asentar a súa imaxe e por iso o orzamento de 2009 prevé investimentos en campañas de divulgación. Pesca tamén continuará o seu traballo na promoción de consumo de peixe entre a poboación xuvenil, tal e como vén desenvolvendo ata o de agora.