Un convenio asinado entre a Consellaría de Política Territorial e o Concello de Dumbría permitirá levar a cabo importantes obras na estrada AC-550, que une Cee e Ribeira. Os traballos consisten na construción de sendas peonís e beirarrúas que facilitarán o tránsito de peóns e unha reordenación de accesos para o tráfico rodado, instalación de barreiras de seguridade, miradoiros, aparcadoiros e servizos urbanos en dous tramos desa estrada de gran valor paisaxístico. Esta actuación dará seguridade aos peóns e, ao mesmo tempo, permitirá gozar dun entorno especial.
As características da zona obrigarán a que parte de ditas beirarrúas deban construírse cunha estrutura metálica sobre os cantís, polo que se aproveitará para habilitar nesta zona un miradoiro elevado sobre o mar con vistas cara O Pindo.