O director xeral de Turismo, Rubén Lois, interviu na Comisión de Industria do Parlamento para explicar as promocións que o seu departamento realizará nos próximos meses e que incidirán na demanda de viaxes de proximidade, máis favorables en épocas de crise. “A promoción non pode ser a mesma en periodo de crise que en épocas de bonanza económica”, matizou Rubén Lois.
O director xeral recoñeceu que os efectos da crise comezaron a notarse “dunha forma máis rápida do agardado” no sector, aínda que tamén destacou que “en setembro e o que vai de outubro non vai excesivamente mal”.
Así, recordou que se produce un decrecemento do 0,7% do número de turistas e de entre o 5 e o 10% no gasto medio que realizan polo que prevé un “esceario moi crítico” de aquí ao verán. Para loitar contra iso, o Goberno galego puxo en marcha un plan de choque para incentivar o turismo, centrándose nas viaxes de pequeno percorrido.