Galicia, sobre todo a zona de interior, está poboada de pequenas aldeas que, co paso do tempo, quedaron abandonadas tras emigrar os seus habitantes ás cidades e iren desaparecendo os seus moradores de máis idade. Pero nestas aldeas abandonadas tamén se pode atopar un gran atractivo turístico, o de regresar a épocas pasadas, ou non vividas, e comprobar a forma de vida dos nosos antergos.
En Galicia existen varios exemplos de aldeas recuperadas ou en proceso de recuperación como o Lugar de Devas, no concello pontevedrés de Covelo, Couso Galán (Sarreaus) ou A Cortiña (Castrelo do Val), Santo André (Rairiz de Veiga) e Saa (Vilar de Santos).