Riós prepara a súa multitudinaria Festa da Castaña

Riós celebra, como cada primeira fin de semana de novembro, a tradicional Festa da Castaña e do Cogomelo, unha celebración con máis de dez anos de historia e que se consagra a dous dos produtos máis tipicamente outonais.

Durante dous días celebraranse actividades culturais e gastronómicas, charlas, concursos e, como non, a típica degustación popular, que o Concello organiza en base aos dous produtos homenaxeados. Este ano a festa é maior, posto que o evento foi declarado de interese turístico galego.

Pero tamén na provincia de Pontevedra festexan os produtos de outono. Por exemplo, en Vila de Cruces celébrase o vindeiro día catro a Feira da Castaña, que cumpre xa dezasete anos de historia. Haberá un magosto popular e exposición de produtos de temporada.