Un total de 8 explotacións de Galicia foron premiadas no XXIX Concurso Día Internacional do Agricultor, no marco da XXXI Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebrará do 19 ao 23 de novembro. O resto de galardóns repártense entre 10 explotacións da rexión norte de Portugal e 2 de Asturias.
Na modalidade de “Iniciativas locais de desenvolvemento rural” o primeiro premio foi para a explotación pecuaria portuguesa “Mutua Basto”, adicada tamén ao desenvolvemento do sector forestal e a centro de formación profesional; mentres que o segundo recaeu na casa de turismo rural lusa “Quinta do Ermerio”. Pola súa banda, a gandeira Marta Álvarez Quinteiro, de Monterroso (Lugo), que dirixe unha explotación de gando vacuno de leite, ademais de introducir o cultivo da faba Lourenzá na comarca e adicarse ao agroturismo, recibiu o terceiro premio.
Na categoría de “Iniciativas de asociacionismo agrario” o primeiro premio foi para a cooperativa de explotación comunitaria da terra “Monte Cabalar”, de A Estrada (Pontevedra); o segundo para o “Centro de Gestão Agrícola de Barcelos”, e o terceiro para “Vilameitide S.L.”, sociedade formada por tres explotacións de gando vacuno de leite en réxime intensivo de Trabada.
En “Agricultores sobresaíntes en explotacións pecuarias”, recibiron, no apartado de rumiantes, o primeiro premio José Ramón Vázquez Fernández, de Verín (Ourense), e o segundo a “Sociedade de Agricultura de Grupo Fonseca e Pereira, LDA”. No apartado de monogástricos, “Quinta da Castanheira”, fíxose co primeiro premio e “Aviporto”, explotación avícola de Portomarín (Lugo), co segundo.
No apartado “Agricultores sobresaíntes en explotacións agrícolas ou forestais” recibiu o primeiro premio “Quinta do Soque”, explotación lusa de viticultura, fruticultura, castiñeiros e olivos con adega propia; e o segundo José Antonio Añón Castro, agricultor de Laracha (A Coruña) adicado ao cultivo en invernadoiros co emprego de novas tecnoloxías.
O portugués Ramiro Teixeira Ricardo, agricultor adicado ao cultivo de aceitunas, améndoas, figos, cereixas e trigo, entre outros produtos, fíxose co máximo galardón en “Agricultores sobresaíntes en diversificación agraria”; mentras que o segundo premio foi para unha explotación de Xinzo de Limia (Ourense), “Rosa Cid Santás y Otros” adicada á produción de porcos de cebo e becerros, ademais de patacas de consumo.
Na modalidade de “Agricultores sobresaíntes en actividades innovadoras” o luso Luis Miguel de Oliveira, adicado ás plantas medicinais e aromáticas en produción biolóxica recibiu o primeiro premio. Antonio Carral Sucasas, de Lalín (Pontevedra), acadou o segundo pola súa empresa adicada á produción, envasado e comercialización de leite crú de produción ecolóxica, e o terceiro foi para José Paulo Faria Eiras, de Portugal, centrado na produción de caracois (helicicultura)
En “Iniciativas de Produción, Transformación e Comercializacion de Produtos con Indicativo de Calidade” a SAT asturiana “Los Caserinos”, estabulación libre con cubículos para vacuno e caprino de leite a partir do que elaboran e comercializan queixos, foi merecedora do primeiro premio; e o portugués Henrique Cardoso, agricultor con olival, viña e amendoal, foino do segundo.
O Auditorio da Feira Internacional de Galicia acollerá a entrega de galardóns desta edición do Concurso Día Internacional do Agricultor o 19 de novembro, primeira xornada da XXXI Feira Internacional Semana Verde de Galicia.