Alertan de que o catamarán verase afectado polo descenso do caudal do Sil

A asociación ecoloxista Adega sostén que o proxecto que se vai levar a cabo en San Estevo traducirase nunha baixada drástica do caudal do río, o que repercutirá na actividade dos catamaráns que percorren o Canón. Nese sentido, os ecoloxistas aseguran que tentarán paralizar a actuación.

Na súa loita non estarán sós pois cando menos tres alcaldes da zona e varias casas rurais manifestaron que apoian á asociación ecoloxista nos seus plantexamentos.

Son os rexedores de Monforte, Chantada e A Pobra do Brollón, aos que se suman diferentes colectivos como as asociacións de casas de turismo rural Lugosur e Turisacra, e colectivos veciñais de diferentes concellos, como Ourense, Castro Caldelas ou Pantón.