Diferentes administracións dotarán de contido ao novo Museo Provincial de Pontevedra

O Ministerio de Cultura investirá un total de 800.000 euros no proxecto de musealización da que será, sen dúbida, unha das infraestruturas culturais máis importantes de Galicia: o novo Museo Provincial de Pontevedra. Este investimento é froito de dúas enmendas aos PGE presentadas polo PSOE e o BNG.

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra investirá máis de 230.000 euros na dotación de equipamento audiovisual para a sala de conferencias do Museo. Contémplase a dotación dun sistema de conferencias e tradución e sistemas de videoconferencia, control e iluminación.