Máis dun cento de queixeiros asisten este mediodía en Santiago á entrega de premios das Catas dos Queixos e dos Meles de Galicia. Os expertos que conforman os paneis de cata estiveron durante estes días analizando cada unha das mostras para atopar os mellores produtos do 2008 nas diferentes categorías.
Na XI Cata dos Queixos de Galicia concédense un total de 10 distincións, esculturas que identifican a Cata, deseñadas e elaboradas en prata por artistas prateiros de Santiago. Haberá distincións de Ouro, Prata e Bronce para os meles e os queixos, agás os do Cebreiro e os meles monoflorais.
O galardón dos meles está deseñado e elaborado en esmalte e madeira. Os catadores recibiron a visita do conselleiro, Alfredo Suárez Canal, que será o encargado de entregar os premios este mediodía.