Máis protección para Santo Estevo de Ribas de Miño

O Consello da Xunta aprobou o Decreto polo que se delimita o contorno de protección da Igresa de Santo Estevo de Ribas de Miño. O templo foi declarado monumento histórico-artístico en 1931 pero o espazo circundante carecía ata hoxe dunha figura que velase pola integridade do conxunto e respectase a paisaxe no que se insire.

O contorno do monumento afecta aos concellos de O Saviñao e Chantada, en Lugo, e esténdese a ambas marxes do Miño. Protéxese para preservar a peculiaridade da paisaxe que rodea ao templo: unha zona agraria tradicional organizada en socalcos destinados á produción de viño e con presenza de especies arbóreas autóctonas. No novo ámbito protéxense outros elementos de interese cultural como a Abadía, a Casa do Bento, o Pazo das Fraguas ou o Castro de San Fiz.