Melloras na área recreativa do Castro de San Amaro e a Ruta das Aceas

O Goberno galego vai investir 350.000 euros na ampliación da área recreativa do Castro de San Amaro, no concello de Chantada, e na Ruta das Aceas, en Sarria. Ambas actuacións enmárcanse nas políticas da Consellaría de Medio Ambiente para a protección, conservación, restauración e mellora dos espazos naturais.

Nas Aceas investiranse 200.000 euros para a súa ampliación nunha zona de gran valor paisaxístico, cultural e natural. Instalarase, ademais, novo mobiliario e sinalización. Por outra banda, no Castro de San Amaro investiranse 150.000 euros para ampliar a área recreativa.