Os propietarios dunha granxa do municipio de A Pastoriza, Ganadería Casa Ánxel Sociedad Civil, proxectan a creación dunha queixería artesanal amparada pola denominación de orixe San Simón da Costa, a novena que entraría en funcionamento, segundo informa AGN. Esta industria sería a segunda que comezaría a funcionar fóra da parroquia vilalbesa que lle dá nome a este produto, e a primeira en constituirse fóra do termo municipal.
Inicialmente, o consello regulador estaba integrado por sete queixerías ubicadas en San Simón da Costa. Posteriormente sumouse outra doutra parroquia de Vilalba (Oleiros), pero ata o de agora non se presentara ningún proxecto doutro municipio. A xuízo do presidente do Consello, Daniel Pérez, esta primeira iniciativa fóra de Vilalba demostra que “este produto está medrando, a xente pensa que pode atopar perspectivas de futuro e, sen dúbida, ten xa o seu nome no mercado”.