Axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos incautaron un total de 1.133,50 quilos de centola e 5,4 de lagosta de talla antiregulamentaria nunha cetaria da zona de Corbeiro, en Fisterra, que tiña a súa concesión caducada. As especies decomisadas foron pesadas na lonxa da localidade e posteriormente recollidas pola tripulación da embarcación de Gardacostas IP 700 “Paio Gómez Chariño” para devolvelas ao seu medio natural.
Ademais desta actuación, os axentes da Unidade Operativa de Vigo realizaron onte unha inspección en Baiona que deu como resultado o levantamento de dúas actas de presunta infracción co comiso de 121 quilogramos de centola e a incautación de catro pezas de trasmallos, respectivamente.