Nova comisión de centola a piques de abrirse a campaña

Axentes do Servizo de Gardacostas da Consellaría de Pesca incautáronse dunha nova partida de centola ilegal, ao atoparse esta especie en veda. Foi na ensenada de Baiona, no marco dunha operación en colaboración co Seprona.

En total incautáronse 841 kilos de centola neste operativo, co que dende o pasado 20 de outubro a cifra elévase a 2.545 kilos de crustáceo. A Administración pesqueira lembra que a veda levantarase o vindeiro luns.