O Congreso aproba a construción dun carreiro fluvial no Baixo Miño

O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou unha enmenda socialista para a construción dun carreiro que discorrerá polas ribeiras do río Miño ao seu paso polos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas e Salvaterra. As actuacións contemplan crear un sendeiro peonil e un carril específico para as bicicletas.

Os deputados socialistas galegos consideran que esta actuación contribuirá a poñer en valor o rico patrimonio natural e paisaxístico do Baixo Miño.