A localidade pontevedresa de O Grove conságrase estes días a unha das principais especies da ría de Arousa: a centola. Unha vez que se levantou a veda, a Semana da Centola botou a andar coa participación de vintetrés restaurantes que servirán este crustáceo do xeito máis tradicional e tamén en receitas novidosas.
Dentro das actividades previstas, ademais da propia degustación, destacan visitas guiadas á lonxa, un concurso de centola viva e varios sorteos de estancias en establecementos hoteleiros da localidade.
Tamén se celebrou co gallo desta Semana unha demostración de cociña en vivo na que participaron o cociñeiro e profesor Joaquín Matés e o chef do Gran Hotel da Toxa, Enrique Martínez. Asistiron numerosos hostaleiros da vila e alumnos das escolas de hostelería de O Grove e Pontevedra.