O porto de Malpica ponse guapo para orientarse ao turismo

O porto de Malpica foi obxecto dunha serie de obras que afectaron tanto á superficie destinada a usos pesqueiros como, sobre todo, aos espazos abertos para os veciños e os visitantes. Tras corenta meses de obras, o peirao loce un novo aspecto e é moito máis seguro.

A remodelación é unha aposta polo desenvolvemento das actividades pesqueiras e da náutica deportiva, pero tamén por integralo na localidade e convertilo nun punto de atracción de visitantes.