Hoxe debátese no Parlamento a Lei de Turismo de Galicia, un documento que pretende regular a actividade no país, potenciándoa como un dos sectores máis importantes da súa economía. A Lei introduciu modificacións a partir das suxestións e enmendas presentadas por diferentes colectivos pero, pese a todo, o Partido Popular ten previsto manter a súa enmenda á totalidade. Ademais, este grupo, posiblemente, pedirá a supresión de Turgalicia no transcurso do debate.
A nova Lei de Turismo de Galicia impulsa a profesionalización e a autorregulación do sector e aposta por un desenvolvemento turístico sustentable e de calidade, establecendo novos eidos para a cooperación interadministrativa e coa iniciativa privada. O texto aposta pola proxección interior e exterior de Galicia como marca turística global e de calidade que integra e respecta as demais marcas turísticas galegas. Tamén se actualiza a clasificación das empresas de aloxamento turístico e créase o Consello Regulador do Turismo, entre outros aspectos.