Un estudo da Misión Biolóxica de Galicia vén de probar o alto valor nutricional e as propiedades anticanceríxenas e antioxidantes das nabizas e dos grelos. A investigación analiza como as condicións climatolóxicas condicionan as propiedades agronómicas e as características organolépticas (o sabor, a textura, etc) e como diferentes técnicas de cociñado afectan ás propiedades nutritivas.
Os grelos e as nabizas teñen un alto contido en calcio, o que fai que sexan alimentos recomendables para persoas que padecen osteoporose e unha alternativa axeitada para organismos con intolerancia á lactosa. Outro dos beneficios para a saúde que achegan estes vexetais derívase das propiedades antioxidantes que proporciona a Vitamina C, outro dos elementos que conteñen.
Pero a pesar das súas propiedades, semella que os grelos non están tendo demasiada aceptación entre os consumidores. Tanto é así que os manoxos estanse a vender a un euro, e nin así espertan o interese dos clientes. Os vendedores quéixanse de que a crise reduciu as vendas, en xeral, en produtos como a verdura, o queixo e o mel.