Pesar polo pasamento dos hostaleiros Juan Castro e Elías Moares

Dous homes vencellados coa hostalería das comarcas de Noia e Santiago faleceron estes días. Elías Moares Lorenzo, propietario do restaurante O Peto de Noia, faleceu aos 67 anos de idade tras unha rápida e grave enfermidade. O Peto era un dos establecementos máis populares da zona, coñecido polos seus peixes e mariscos.

En Santiago faleceu Juan Castro, pai de Carmen e sogro de José Luis Seoane, que rexentan o Hotel Restaurante Castro, situado no lugar de Formarís, na parroquia santiaguesa de A Sionlla.