Unha andaina inaugural servirá este domingo para dar a coñecer a nova senda natural que transcorre pola marxe dereita do río Lérez. A concelleira de Dinamización Sociocultural, Anxos Riveiro (na foto) indicou que a saída está prevista para as 10.30 horas dende a rotonda de Monte Porreiro para percorrer arredor de 3 kilómeros e medio, para retornar cara o río Fontáns, onde se ofrecerá aos camiñantes unha chocolatada para recuperar forzas.
Anxos Riveiro indicou na que o río Lérez conta con paraxes naturais singulares, de feito é un Lugar de Interese Comunitario (LIC), e ten ao longo do seu cauce unha gran riqueza etnográfica con muíños e restos do antigo balneario do Lérez.