Presentan un libro sobre a lamprea en Galicia

O xornalista e afeccionado á pesca galego Miguel Piñeiro é o autor do libro que acaba de saír ao mercado, “Lampreas e Pesqueiras”. O prólogo corre a cargo de recoñecidos restauradores como Ferrán Adriá e Juan Mari Arzak.

O volume fai un repaso da historia das pesqueiras de lamprea nos ríos Ulla, Miño e Tea, amosa os segredos desta especie e as técnicas que se empregan para pescala e, como non podía ser menos, complétase cun extenso recetario que conta coa colaboración, entre outros, de Pedro Subijana.