Os organizadores da I Ruta da Tapa e dos viños D.O. Rías Baixas, que se celebra en A Guarda, non podían agardar, cando idearon a iniciativa, que os seus ecos chegarían ata a mesma capital dos Estados Unidos. Así, os empresarios da localidade recibiron unha mensaxe dunha parella de Washington interesada en recibir información sobre a Ruta, pois teñen previsto visitar Galicia e querían aproveitar para facela e conseguir o seu pasaporte.
Esta anécdota non vén máis que a corroborar o éxito que esta iniciativa está colleitando. De feito, hai locais que xa serviron máis de 1.500 tapas e hai moitos clientes que conseguiron selar o seu pasaporte nos vintecatro establecementos participantes.