Santiago de Compostela acolleu a asemblea xeral da Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos, baixo a presidencia do mandatario da Cámara de Santiago, Jesús Asorey. Na reunión, que contou coa presenza dunha vintena de representantes de Galicia, España e Suíza, marcouse como obxectivo da asociación buscar o dinamismo económico dos respectivos territorios.
Ademais, aprobouse a planificación xeral para o vindeiro ano e fíxose balance das actividades desenvolvidas en 2008. Nese sentido, a asociación decidiu crear un grupo de traballo para preparar as actividades para o ano xubilar 2010, entre as que destacan unha peregrinación internacional de cámaras e a celebración en Santiago dun pleno do Consello Superior de Cámaras, presidido por Javier Gómez Navarro. A asociación tamén quere impulsar o camiño de Fisterra.