Sarria, contra o feísmo no Camiño

O Concello de Sarria vén de emprender unha serie de accións para erradicar o feísmo urbanístico no treito do Camiño de Santiago que discorre polo seu territorio. As obras foron realizadas polos alumnos da escola taller e sitúanse en Pintín, Ponte Ribeira, Ponte da Áspera e o antigo cárcere.

En poucos días, e cun mínimo de interese, este treito pasou de ser obxecto das críticas dos peregrinos a ser un lugar no que incluso se paran a facer fotografías. Un exemplo que poderían seguir outros municipios polos que discorre esta ruta de peregrinación.