Vigo estrea o seu plan de excelencia

Mañá presentarase o plan de excelencia turística de Vigo, un documento que rexerá a política de promoción da cidade nos próximos anos. Ao acto está convidado o director xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Rubén Lois, que acompañará ao alcalde e ao concelleiro do ramo, Santiago Domínguez.

Tamén está previsto que asistan representantes dos diferentes colectivos vencellados coa actividade turística da cidade.