O Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar, acollerá as finais das diferentes categorías que concorren ao III Concurso Gastronómico “Cociñar con Viño”, que convoca Bodegas Docampo. O principal obxectivo deste concurso é fomentar o uso do viño non só como acompañante senón como un ingrediente máis.
Poden presentarse a este concurso, por un lado, todos os residentes en Galicia afeccionados á cociña e, por outro, todos aqueles estudantes das escolas e centros de formación de cociña e hostalería da comunidade. Cada concursante presentará un máximo de tres receitas orixinais. Valorarase que sexan de baixo custo e fácil preparación. Coas mellores receitas elaborarase un libro.