No vindeiro ano, o Goberno autonómico investirá 23 millóns de euros para mellorar a comercialización dos produtos do mar, liña dentro da que o executivo creou a marca PescadeRias, que valoriza a produción de 25.000 mariñeiros e mariscadores e na que a Xunta investiu 2 millóns de euros.
Nese sentido, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou que a Xunta apoiará as accións colectivas dos profesionais do mar destinando ata 2013 un total de 80 millóns de euros de investimento público.
O titular do Goberno autonómico considerou que ademais de introducir melloras no tecido produtivo, cómpre traballar para “gañar en valor” e facer máis rendible o sector da pesca, algo que o Executivo autonómico considera “fundamental”, dixo.
As accións contempladas pola Xunta consistirán en actividades organizadas polo propio sector para a mellora da xestión dos recursos, das condicións de traballo e de seguridade, a comercialización e os equipos e infraestruturas de produción, transformación e comercialización.