A Xunta segue avanzando no plan de ordenación do litoral

Continúan os traballos de elaboración do plan de protección do litoral co que a Xunta pretende ordenar a costa galega. A súa complexidade fai que se baralle a posibilidade de que o documento non estea listo para a data inicialmente fixada: maio de 2009.

As Directrices de Ordenación do Territorio, que rexerán o plan, rcomendan preservar a fronte costeira, mantendo a integridade dos espazos de interese ambiental e limitando novos desenvolvementos ao longo do litoral a aquelas actuacións de interese xeral que necesariamente deben localizarse xunto ao mar.

Tamén recomendan potenciar os portos tradicionais e os núcleos que alí se sitúan. As directrices suxiren, ademais, que Baiona e Sanxenxo teñan menos apartamentos e segundas residencias e máis prazas hostaleiras.