A Xunta potenciará a promoción de Galicia como destino turístico a través de Internet e de forma directa, prescindindo das feiras do sector e da publicidade na prensa “estándar”, debido a unha maior implantación da programación de viaxes individuais na rede. Así o afirmou o director xeral de Turismo, Rubén Lois, con motivo da celebración en Compostela da Reunión España Verde, con directores xerais de Turismo e técnicos das comunidades incluídas.
Lois avanzou que a intención é “gastar o mesmo pero procurando sermos máis eficientes”, por iso o seu departamento apostará por presentacións nos mercados máis próximos. Lois cre que as viaxes de longa duración vanse recurtar. No que respecta á España Verde, na reunión apuntouse a posibilidade de impulsar a coordinación administrativa na promoción destes destinos.