A Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet) celebrou este sábado a Xuntanza do Nadal, última do ano e previa á entrega dos Premios Dagda, que terá lugar no transcurso da Gala do Turismo e da Gastronomía de Galicia, o vindeiro 14 de xaneiro.
O punto elixido para a xuntanza, dada a súa actualidade, foi o restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, o último galego en incorporarse á lista das Estrelas Michelín.
Tras celebrar un xantar especial coas propostas do cociñeiro Xosé T.Cannas -tipicidades con firma. verduras, capón e creacións singulares as que lle didicaremos atención especial- os membros da Agaxet celebraron unha asemblea na que se dou conta das últimas novidades relacionadas coa Gala e a entrega dos Dagda (que conceden HG&T e a propia Agaxet) .
O comité de admisións presentou un informe sobre unha ducia de sollcitudes de ingreso; a metade aproximdamente quedaron pendientes de completar documentación, pero coas novas incorproacións -entre ellas, a de Nacho Capeáns (director de Antena 3TV e Onda 0 en Galicia), e de Manuel Gago, profesor da facultade de Xornalismo e director de Culturagalega.org- a Agasxet roza xa os corenta socios, a pesar de que, segundo suliñou o presidente Guillermo Campos, o comité manten un criterio de admisión muy ponderado e riguroso, pero sen perder unha referencia de base: "un dos fins da asociación e a de propiciasr vocacións e animar á especialización no xornalismo turístico".
Asimesmo, douse conta aos asistentes das reunións celebradas recentemente polo Comité Director da FEPET , que ten en marcha o proceso electoral para a anovación da xunta directiva que rpeside Mariano Palacínn. e outras novidades e propostas de cara a 2008, entre elas a convocatoria de eleccións para a anovación da directiva. Mariano Palación, que paralelamente a esa reunión aprobaba en madrid un cambio nos estatutos, volverase a presentar á reelección da federaciòn española. Segundo esa reforma estatutaria, a Fepet pasará a ter tres vicepresidencias.
Tanto o presidente como a secretaria xeral da Agaxet, Carme Parada, defenderon (coa anuencia absoluta dos reunidos), un plan de incardinación da Agaxet na sociedade galega, unha vez organizada internamente a asociación desde súa creación dous anos atrás. O 2009 será o ano das relacións exteriores e o traballo conxunto cerca dos eidos universitarios que lle son propios, os entes da administración e a empresa interrelacionados, e os organismos que entenden no eido e estudos turísticos.